No xeito de soprar o máis aconsellable é empregar
conxuntamente a larinxe e o diafragma.
Exercicio.
Toca a nota Si sen ningún tipo de oscilación. A
continuación volve a tocala, suxeitando o instrumento só coa man esquerda.
Coloca a dereita no abdome empuxando e relaxando, alternando ritmicamente
a xeito de 2 ou 3 oscilacións por segundo. Unha vez conseguido, intenta acadar o mesmo obxectivo empregando só os músculos abdominais e collendo a
frauta coas dúas mans.
O resultado equivale a dicir en silencio ha ha. Pouco a
pouco e en distintos días vai aumentando a velocidade.
Se é preciso repasa a "Respiración" e o "Son".