Principal
Prólogo
O Método
Historia
O Pito Galego
Obradoiro
Dixitación
Mantemento
Respiración
Estiramentos
O Son
Afinación
Articulación I
Técnica I
Técnica II
Técnica III
Técnica IV
Arpexos
Articulación II
Técnica de Gaita
Repertorio Tradicional
Bibliografía
Ligazóns
Agradecementos
Contacto
       

    

     Pito Galego  Moisés Quintas Suárez

Afinación

Vibrato de sopro ] Vibrato de dedo ]

 

Acadar unha boa afinación é imprescindible para calquera músico que se prece, mais non é doado.

Na afinación do pito vai influír fundamentalmente:

A calidade do instrumento depende da madeira empregada para a súa construción e da habilidade do artesán que lle dá forma.

A súa lonxitude fai que o conxunto da súa afinación sexa máis ou menos alta, de aí que cada instrumento varíe o seu tamaño en función da súa tonalidade. Tamén inflúe cando metemos ou sacamos o espigo.

A intensidade do soprido debe facer que as notas da escala estean afinadas entre si, e que ese equilibrio sexa extensible a todo o rexistro do instrumento. A maior intensidade no sopro, maior altura no son, e a menor intensidade, menor altura.

A temperatura ambiente sube ou baixa a altura do son dependendo de se esta é maior ou menor, respectivamente. Deste xeito para acadar a mesma afinación dunha nota nun día frío temos que meter o espigo para subir en altura e nun día quente, sacalo para baixar.

Dando por suposto que temos un instrumento de calidade e unha temperatura ambiente normal, a nosa preocupación deberase centrar nos puntos 2 e 3; é dicir, na lonxitude e na intensidade do sopro.

Se está tocando un só, debe centrar a atención no punto 3; é dicir, que o instrumento soe afinado no seu conxunto, independentemente de se ten ou non un la a 440 Hz.

Se pretendemos tocar con outros instrumentos, debemos mesturar os puntos 2 e 3; xa non se trata só de que as notas do noso instrumento estean afinadas entre si, senón que deben estar á mesma altura das do instrumento ou instrumentos cos que pretendemos tocar.

Se empregamos vibrato cando tocamos, debemos ter moito coidado, pois tamén afecta á afinación.

Vibrato

O vibrato consiste nunha "flutuación" ou oscilación do son na frauta, é dicir, subidas e baixadas de forma regular da nota tanto en afinación como en volume. Nas frautas, o seu uso universalizouse no s. XX, en aumento progresivo desde o s. XVIII. O número de oscilacións vén variando aproximadamente entre 4 e 7 por segundo, depende do gusto de cada músico, mais debe variar tamén en función do carácter e o tempo da peza que toquemos. Unha vez interiorizado, débenos saír dun xeito natural, sen esforzo. No pito podemos facer dous tipos de vibrato:

 

Vibrato de sopro

Vibrato de dedo