Principal
Prólogo
O Método
Historia
O Pito Galego
Obradoiro
Dixitación
Mantemento
Respiración
Estiramentos
O Son
Afinación
Articulación I
Técnica I
Técnica II
Técnica III
Técnica IV
Arpexos
Articulación II
Técnica de Gaita
Repertorio Tradicional
Bibliografía
Ligazóns
Agradecementos
Contacto
       

    

     Pito Galego  Moisés Quintas Suárez

Articulación II

Picado simple ] Picado dobre ] Picado triple ]

 

Picado simple

É importante acadar un son claro e doce.

O ataque de cada nota vai estar dirixido pola lingua ao articular a sílaba "TU".

Consellos:

- Experimentamos diferentes graos de intensidade ata acadar o son ideal.

- Estudamos primeiro lento e facendo sons longos.

- Coordinamos o movemento da lingua co dos dedos.

- Acadamos a máxima velocidade no picado simple, esto tamén nos axudará despois no dobre e triple picado.

 

 

Picado dobre

Chega un momento no que o picado simple "TU" queda lento para tocar pezas que requiren máis velocidade. É entón cando debemos empregar o dobre picado pronunciando as sílabas "TUKU".

Se nos fixamos, a sílaba "TU" é máis precisa e ten máis intensidade que a sílaba "KU". Debemos conseguir que esa diferenza non se aprecie na interpretación e parezan dúas sílabas "TU". Podemos exercitar a lingua sen instrumento, axudados dun metrónomo para ir aumentando progresivamente a velocidade.

Para acadar igualdade entre TU e KU podemos practicar comezando pola segunda sílaba: "KUTU"

 

 
 

Picado triple

O mesmo que o picado dobre, o picado triple tamén o empregamos para acadar máis velocidade. Para facer este tipo de picado empregaremos as sílabas "TÚKUTU".

Empregarémolo en ritmos ternarios ou de subdivisión ternaria.