Principal
Prólogo
O Método
Historia
O Pito Galego
Obradoiro
Dixitación
Mantemento
Respiración
Estiramentos
O Son
Afinación
Articulación I
Técnica I
Técnica II
Técnica III
Técnica IV
Arpexos
Articulación II
Técnica de Gaita
Repertorio Tradicional
Bibliografía
Ligazóns
Agradecementos
Contacto
       

    

     Pito Galego  Moisés Quintas Suárez

Coidado e Mantemento

 

 

Tratándose dun instrumento novo, debe estar nunhas perfectas condicións e listo para tocar.

É importante preguntar ao artesán que tipo de coidados e mantementos debemos empregar no noso instrumento, pois el é o que mellor pode aconsellarnos.

As frautas de madeira (sen distinción), pola súa delicadeza, requiren algúns coidados especiais que non debemos esquecer se as apreciamos e queremos que nos respondan coa máxima calidade:

• Antes de montalo cómpre untar a cortiza con vaselina. Suxeitamos a embocadura coa man esquerda e coa dereita introducimos a cana con xiros no sentido das agullas do reloxo. É moi importante que os buratos queden ben aliñados co bisel.

• Chegado o momento de tocar, se é novo, debemos ir pouco a pouco (entre dez e quince minutos diarios). É frecuente que se tapone, como se afogase. Chegado ese momento, o mellor é deixalo xa por ese día, limpalo e gardalo.

• O tempo de tocar aumentarase pouco a pouco, día a día, para que a madeira acade o grao xusto de humidade progresivamente.

• Cando rematamos de tocar, xiramos outra vez no mesmo sentido das agullas do reloxo facendo forza cara a fóra para separar as dúas partes. Cómpre ter moito coidado co bisel, tanto ao montalo como ao desmontalo. Un pequeno golpe ou presión podería danalo; por iso é aconsellable xirar unicamente o corpo inferior (onde se atopan os buratos).

• Unha vez separadas as partes, limpámolas interiormente cun pano envolto ao redor dunha variña duns 25 cm aproximadamente. Ollo co bisel tamén no momento de limpar a humidade interior e non danalo coa variña.

• Por fóra pódeselle pasar un pano limpando ben a zona dos buratos e a entrada por onde sopramos.

• É importante revisar que non se acumule sucidade nos buratos, xa que varía o diámetro e tamén o fai a afinación. Para iso, en calquera tenda de música, pódese comprar unha pequena vasoiriña, moi útil para limpar os buratos e que nunca dana o instrumento.

• Se o pito está anelado en prata ou calquera outro metal, tamén podemos pasarlle un pano; e de vez en cando, limpar as argolas con algún produto específico.