Principal Prólogo O Método Historia O Pito Galego Obradoiro Dixitación Mantemento Respiración Estiramentos O Son Afinación Articulación I Técnica I Técnica II Técnica III Técnica IV Arpexos Articulación II Técnica de Gaita Repertorio Tradicional Bibliografía Ligazóns Agradecementos Contacto
| |
Pito Galego
Moisés Quintas Suárez
Técnica de
gaita
para pito
[ Picado de dedo ] [ Batemento ] [ Picado e Batemento ] [ Dobre picado dedo ] [ Picado, Dobre picado, Batemento ]
Como xa dixemos, unha das
características do Pito Galego é que sendo unha frauta de bico, a
súa dixitación é moi similar á da gaita, podendo empregarse tamén picados
e ornamentos de dedos propios dela:
Picado de dedo
Técnica de gaita empregada para a repetición
dunha nota.
Os picados fanse cos dedos da man esquerda.
Represéntase cunha fusa máis pequena en
tamaño que o resto das figuras, dando a nota cun movemento rápido de dedo.
Man dereita:
- Posicións do#, re, mi, fa#, representamos
o picado coa nota la. Para facelo, levantamos e baixamos o dedo anular
da man esquerda.
Man esquerda:
- Posicións sol, la si. representamos o
picado coa nota do agudo. Para facelo, levantamos e baixamos o índice da
man esquerda.
- Posición do# agudo, representamos o
picado coa nota re agudo. Para facelo, levantamos e baixamos o polgar da
man esquerda.
- Posición re2 agudo (en pechado),
representamos o picado coa nota la, o mesmo que o re grave, mais coa
fusa unha oitava máis aguda.
|
Batemento
O mesmo que os picados, tamén se
empregan para a repetición dunha mesma nota na gaita.
Para facer batementos debemos
empregar os dedos da man dereita ou da man esquerda, dependendo da nota a
bater. Como o seu nome indica, bátese ou golpéase cun ou varios dedos dos
que están levantados como se estes rebotasen no instrumento.
Os batementos tamén se
representan por unha fusa máis pequena en tamaño que o resto das figuras,
e a nota que representa esta fusa, indica cal é o último dedo co que se
bate.
No pentagrama distínguense dos
picados porque mentres estes van por enriba da nota que se repite, os
batementos van por debaixo.
Batementos coa man dereita:
- Posición re grave e re2 agudo,
representamos o batemento coa nota do grave ou aguda respectivamente;
batemos co maimiño.
- Posición mi grave e mi agudo,
representamos o batemento coa nota do grave ou aguda respectivamente;
batemos cos dedos anular e maimiño.
- Posición fa# grave e fa#
agudo, representamos o batemento coa nota re grave ou aguda
respectivamente; batemos cos dedos medio e anular. Posición sol grave e sol
agudo, representamos o batemento coa nota re grave ou aguda
respectivamente; batemos cos dedos índice, medio e anular.
Batemenos coa man esquerda:
- Posición la grave e la agudo,
representamos o batemento coa nota sol grave ou aguda respectivamente;
batemos co dedo anular.
- Posición si grave,
representamos o batemento coa nota sol grave; batemos cos dedos medio e
anular.
- Posición do# agudo e re agudo
(aberto), representamos o batemento coa nota sol grave; batemos cos dedos
índice, medio e anular.
|
Dobre picado de
dedo Trátase doutra
técnica de gaita aplicable ao pito. Consiste en facer dous picados simples
seguidos con distintos dedos e moi rápido. O efecto que produce é coma se
pronunciaramos a sílaba TRA, mentres que no picado simple soa TA. |
|
|