;
que é onde se produce o son, e polo tanto decisivo nel e nas súas
calidades:
Timbre
Intensidade
Altura
Pureza
Proxección
Tamaño
Cor
Colle o teu instrumento e colócao entre os beizos de
xeito natural.
Polo de agora non tapamos ningún burato, soamente
sopramos e... xa temos son. É sinxelo.
Mais non o faremos de calquera xeito, senón que o
ataque de cada son será guiado pola lingua e articulando a sílaba "TU",
sen que vibren as cordas vocais.
A lingua vai ser moi importante para quitar o máximo
rendemento ao instrumento; polo tanto, xa podemos ir tratando de tela en
forma.
Podemos practicar o ataque comezando pola nota "si":
• Preparamos a nota "si"
• Colocamos a frauta na boca
• Pronunciamos a sílaba "TU" deixando saír o aire de seguido (lembra
o que se dixo no tema da respiración).
- Como foi?
Unha vez que xa controlamos o ataque de lingua
concentrámonos no sopro.
Experimenta cal é o grao adecuado de intensidade do
soprido.
Deixámonos guiar pola calidade do son.
Traballamos sobre sons longos.
Coidamos que sexa un son:
• En liña
• Sen ondulación
• Que non caia ao final
O grao de consecución destes exercicios vai ser en gran
medida o reflexo do traballo da respiración.
- Será obrigado darlle un repaso?
Pensamos en manter a presión de aire adecuada e
intentamos que o son sexa lineal. Isto vai ser decisivo para ter unha boa
afinación, o cal quere dicir que paga a pena pararse o tempo necesario. Ou
tes moita présa?
Se comezamos pola nota "si" e imos baixando por graos
conxuntos até o "do#", que é a nota máis grave, darémonos conta de que
cómpre ir cambiando a presión do aire pouco a pouco en cada nota. Isto
pasa porque ao irmos tapando buratos, o aire ten menos sitios por onde
saír, ao tempo que o seu recorrido é máis longo ao aumentar a lonxitude do
instrumento.
Neste exercicio podemos averiguar canta presión pode
aplicarse a cada nota antes de rompela.
Intentamos acadar un son uniforme.