Principal
Prólogo
O Método
Historia
O Pito Galego
Obradoiro
Dixitación
Mantemento
Respiración
Estiramentos
O Son
Afinación
Articulación I
Técnica I
Técnica II
Técnica III
Técnica IV
Arpexos
Articulación II
Técnica de Gaita
Repertorio Tradicional
Bibliografía
Ligazóns
Agradecementos
Contacto
       

    

     Pito Galego  Moisés Quintas Suárez

Obradoiro

 

 

Podes descargar en pdf os planos dos Pitos de Basilio, Paulino e Antón facendo clic sobre a imaxe.

 

Plano Pito Basilio Plano Pito Paulino Plano Pito Antón

 

 

Construcción dun Pito Galego de cana

 

Materiais: Cana ou bambú 27 cm x  2,5 cm aproximadamente, tapón de cortiza de 2,5 cm de longo.

Ferramenta: lima, lixa fina, lapis, regra, punzón, navalla, fonte de calor, trade e brocas (opcional), afinador (opcional).

A Cana

Buscamos unha cana duns 27 cm de longo e 2,5 cm de diámetro.

O bico

Facemos un recorte inclinado como indica a figura.

O bisel

Trazamos unha recta ao longo para que nos sexa máis doado logo aliñar os buratos co bisel.

Cunha navalla facemos un bisel de 0,5 cm de abertura a 2,5 cm do extremo.

Cunha lima, facemos que o bisel nos quede o máis afiado posible para garantir un bo son.

O tapón

 

Cortamos un tapón de madeira do mesmo diámetro que o interior da cana e duns 2,5 cm de lonxitude.

Lixamos o tapón por un lateral de xeito que quede plano. 

Encaixamos o tapón coa parte plana cara ao bisel, deste xeito, débenos quedar un conducto entre o tapón e o interior da cana por onde pasa o aire que sopramos e que chega ao bisel, onde se produce o son. 

Segundo o encaixamos, imos soprando para probar a calidade do son.

Cortamos e lixamos o tapón para que colla a forma de bico da cana.

Os buratos

 

En xeral, canto máis grande é o burato máis alta é a nota. Sen ningún burato máis que o bisel, soa a nota máis grave. A partir de aquí temos que ir formando a escala de grave a agudo.

Se partimos por exemplo da nota Do#, sen buratos, debemos abrir logo o primeiro  burato que será o de Re, variando o tamaño do burato ata que afine.

Empezamos cun burato de pequeno diámetro e logo imos abrindo pouco a pouco ata acadar a afinacón desexada. Este primeiro, facémolo un pouco á esquerda da recta antes trazada para que sexa máis doado de tapar co maimiño. Os seguintes van na liña.

Así, imos facendo os buratos seguindo as notas da escala. Máis doado é se nos axudamos dun afinador.

Se nos excedemos na abertura dalgún burato, podemos logo correxir a afinación engadindo un pouco pegamento no interior deste, diminuíndo así o diámetro e baixando a altura da nota.

 

Os buratos  quedan así:

- Do#: soa sen burato

- Re: 4,5 cm do extremo

- Mi: 2,5 cm da nota Re

- Fa#: 2,5 cm da nota Mi

- Sol: 2 cm da nota Fa#

- La: 2 cm da nota Sol

- Si: 2 cm. da nota La

- Do#: 1,5 cm da nota Si

- Re´: 9 cm contando polo extremo do bisel e por detrás.

 

Dixitación Básica

 

Do#

Re

Mi

Fa#

 Sol

La

Si

Do#

Re´

Mi´