Principal
Prólogo
O Método
Historia
O Pito Galego
Obradoiro
Dixitación
Mantemento
Respiración
Estiramentos
O Son
Afinación
Articulación I
Técnica I
Técnica II
Técnica III
Técnica IV
Arpexos
Articulación II
Técnica de Gaita
Repertorio Tradicional
Bibliografía
Ligazóns
Agradecementos
Contacto
       

    

     Pito Galego  Moisés Quintas Suárez

O Método

 

 

O obxectivo deste método é amosar as posibilidades musicais que ofrece o pito galego e facilitar a súa aprendizaxe, empregando unha metodoloxía progresiva e baseada no noso repertorio tradicional.

Preséntase unha colección de pezas do máis coñecido dentro do noso folclore para aplicar un método indutivo e, deste xeito, centrar o máximo esforzo no instrumento.

Previo a estas pezas tradicionais, trabállanse unha serie de exercicios ordenados polo grao de dificultade.

Cada alumno, por iniciativa propia ou guiado por un profesor, debe adaptar o método en función das súas necesidades.

A intención é facer un método útil que sirva de orientación tanto para alguén que se inicia (partindo duns mínimos de linguaxe musical) como para quen xa teña coñecemento e queira profundar máis neste doce instrumento.

En aparencia, o pito galego pode semellar un instrumento sinxelo, con poucos recursos musicais e no que soamente se poden tocar sinxelas melodías dunha oitava aproximadamente. Mais o certo é que cun bo instrumento e unha boa técnica do executante, pódense acadar resultados interpretativos moi satisfactorios que non desmerecen nada a instrumentos tradicionais similares doutros países, e que si están moi ben considerados.

Así pois, os galegos debemos estar tamén orgullosos de ter na nosa cultura este instrumento, que posúe unhas características que o fan único, e de empregalo dándolle a importancia e o respecto que se merece.

Na maioría dos colexios dentro da área de Educación Musical, os nenos aprenden a tocar a frauta doce. A técnica de picados (de boca) é idéntica á do pito, tendo así un gran camiño avanzado.

Unha vez que o alumno adquire certa destreza no pito, pódenselle explicar técnicas de gaita como picado de dedos ou batementos.

O alumno aprenderá a tocar dous instrumentos case a un tempo, xa que as mesmas pezas que xa domina no pito, pódeas tocar con idéntica dixitación na gaita.