A Viqui, Manel e Lois pola axuda, agarimo e ánimo de
cada día.
Ao meu amigo Marcial Pérez, un dos grandes mestres que
coñezo, por achegarme tantas cousas nas nosas longas conversas, por
confiar nos meus proxectos, axudarme e apoiarme desde sempre.
Ao Obradoiro Antón Corral: Ramón Corral, Jesús Corral e
especialmente ao mestre Antón Corral por estar sempre disposto a compartir
a súa sabedoría, colaborar en todo canto precisei e prestarse a escribir o
prólogo deste método.
A Luciano Pérez, director do Museo de Instrumentos
Musicais da Deputación de Lugo –Centrad- por confiar neste proxecto, pola
súa axuda e información no referente aos pitos antigos e aos do seu avó
Paulino Pérez poñéndoos á miña disposición, polos planos dos pitos de
Basilio Carril e Paulino Pérez e os bos consellos.
A Pepe Temprano pola súa xenerosidade ao confiarme os
seus pitos antigos.
A Efraím Díaz pola súa complicidade e pola súa teima e
esforzo en que este proxecto saia adiante.
A Miguel Mosquera por estar sempre disposto a colaborar
neste proxecto así como pola súa investigación constante na procura do
instrumento perfecto.
A José Aldea e a Ed. Ouvirmos pola súa confianza e
sempre boa disposición.
A Miguel de Santiago por compartir comigo a súa
vivencia musical con Basilio Carril.
Ao Museo do Pobo Galego por facilitarme o traballo de
gravación e o acceso aos instrumentos de Basilio Carril.
A tod@s @s compañeir@s do CEIP Xosé Fernández López e a
tod@s @s alumn@s d@s que nunca deixo de aprender.
Á familia e @s amig@s que cada día axudan desinteresadamente.